Qué é ECOBAS

ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) é a primeira e única Agrupación Estratéxica galega no ámbito xurídico-social, e está formada por grupos de investigación do eido da Economía e Empresa.

A nosa sede central está localizada na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, pero esta é unha unidade de investigación e innovación interuniversitaria, integrada por profesionais das tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG), sendo nesta característica onde radica unha das nosas maiores fortalezas.

A misión de ECOBAS é potenciar a colaboración entre membros, conectándoos, así mesmo, con profesionais doutras entidades para maximizar o impacto académico, económico e social das nosas actividades de I+D+i. O obxectivo é, por tanto, consolidar un polo de excelencia rexional, nacional e internacional, recoñecible pola calidade das nosas actuacións en investigación, desenvolvemento e innovación, e pola capacidade de asumir novos retos dun xeito multidisciplinar e colaborativo.

Debido á transversalidade das áreas de traballo que desenvolvemos, temos representación en numerosos centros de investigación e educación, e participamos en proxectos relacionados con ámbitos de coñecemento moi diversos, coma medio ambiente, pesca, enerxía, desigualdade, saúde, innovación, internacionalización, emprendemento, e moitos outros.

Ademais da investigación, e vinculado a ela, ECOBAS incide na formación de novos/as profesionais e investigadores/as, participando no desenvolvemento, coordinación e potenciación de programas interuniversitarios de mestrado e doutoramento, e de cursos de capacitación especializada.

As liñas prioritarias de traballo que desenvolvemos englóbanse en catro grandes áreas:

En cada unha destas áreas participamos en numerosos proxectos de investigación e transferencia, a nivel rexional, nacional e internacional, acadando financiamento tanto a través de convocatorias competitivas coma mediante a firma de contratos e convenios con diversas organizacións, públicas e privadas.

 

Presentación Corporativa

Descargar

Galego

Español

Inglés

Perfil de entidade

 SUSCRÍBETE A ECOBAS